Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.740

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (242/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 242/2001, seguidos por instancia de José A. Verdiñas Caamaño contra Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, Milagritos Belso Sempere dictou sentencia, na data 19 de abril de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Aceptando a demanda interposta por José A. Verdiñas Caamaño, contra a empresa Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que aboe ó demandante a suma de 1.308,57 euros, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Obrasgal Reformas y Construcciones, S.L. que tivo o seu último domicilio coñecido en Alfonso Molina nº 56, e que

na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 19 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado