En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación dunha asistencia técnica, por concurso público aberto, que terá por obxecto a realización dunha revisión de control financeiro no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia correspondente ó exercicio 2002.
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
Dependencia que tramita o expediente: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Número de expediente: 001/2002.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: realización dunha revisión de control financeiro da conta FEOGA-Garantía no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.
Data límite de entrega: decembro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación.
O orzamento máximo de licitación é de 91.648,34 euros. O importe entenderase co IVE engadido.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento establecido.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
b) Enderezo: edificio administrativo nº 3 San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.
d) Teléfono: 981 54 41 79.
e) Telefax: 981 54 41 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos dos contratistas.
Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación no anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do pazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do quinto día hábil que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela).
10. Gastos de anuncios: o gasto do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda