Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de maio de 2002 pola que se acorda a cesión en propiedade de determinados bens mobles adscritos á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás confrarías de pescadores de Camariñas, Cambados, Cangas, Cedeira, Laxe, Moaña, O Grove, A Pobra do Caramiñal, Redondela e Vilaxoán.

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, no seu artigo 1, define a estas como corporacións de dereito público, dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para o cumprimento dos fins e as funcións que lles están encomendadas, atribuíndolles, entre outros, segundo o artigo 3.3º c) da citada norma legal, a función de xestionar e administar aqueles bens patrimoniais que lles sexan cedidos polas administracións públicas.

Por outra banda, e tendo en conta a suxeición das confrarías de pescadores á tutela da Administración pública galega, exercida a través desta consellería, cómpre cederlle o uso, de bens mobles adscritos a este organismo, para seren destinados por esas corporacións a fins de utilidade pública ou interese social.

Para tal propósito, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tramitou o expediente de cesión de uso, de conformidade co disposto no artigo 35.bis, da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96.bis, do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións en propiedade dos bens mobles que a continuación se relacionan ás seguintes confrarías:

1. A favor da Confraría de Pescadores de Camariñas, unha cámara de conservación e un sistema frigorífico de cámara de conxelación, coas seguintes características:

Cámara de conservación: dimensión 6.000x4.000x3.000 mm. Panel Kide de espesor 75 mm. Porta corredeira Inox.

Equipo frigorífico para cámara de conservación: unidade Bittzer, modelo 2DC-3.2 Y/LD, nº de serie 60062161. Evaporadores ECO, modelo DFE 145-6. Cadro eléctrico, modelo QM-C-IM.

Equipo frigorífico para cámara de conxelación: unidade Bittzer, modelo 4DC-5.2 Y/OD, nº de serie 660667562. Evaporadores ECO, modelo DFE 159-8 ED. Cadro eléctrico, modelo QM-C-101. Ano adquisición: 2001.

2. A favor da Confraría de Pescadores de Cambados, unha cámara frigorífica coas seguintes características:

Dimensión 5.720x3.720x3.260 mm. Panel Kide espesor 75 mm. Porta corredeira Inox.

Marca: Bittzer, modelo: 2cc-4.2 Y/MD, número de bastidor 66062152. Ano de adquisición: 2001.

3. A favor da Confraría de Pescadores de Gangas, un guindastre pórtico automotor travelling e unha carretilla elevadora coas seguintes características:

Guindastre pórtico automotor para barcos 65 tm. Capacidade de elevación 64 tm.

Potencia de motor 88 CV. Cabrestantes de elevación 4. Velocidade de elevación 2M/MIN.

Velocidad de traslación 0-40 MIN. Marca Acoin Equipos Navales, nº de bastidor PR-45.029. Ano de adquisición: 2001.

Carretilla elevadora marca Nissan. Modelo Nole, número de bastidor 710558. Ano de adquisición: 2001.

4. A favor da Confraría de Pescadores de Cedeira, un guindastre pórtico automotor travelling e unha carretilla elevadora coas seguintes características:

Guindastre pórtico automotor sobre neumáticos para 100 tm, de capacidade de elevación, con pluma para 1,5 tm, de capacidade. Marca 6 H. Modelo 6 H-110, número de bastidor 65.864. Ano de adquisición: 2001.

Carretilla elevadora marca Nissan. Modelo Nole, número de bastidor 710557. Ano de adquisición: 2001.

5. A favor da Confraría de Pescadores de Laxe, unha carretilla elevadora das seguintes características:

Carretilla elevadora marca Nissan. Modelo Nole, número de bastidor 710553. Ano de adquisición: 2001.

6. A favor da Confraría de Pescadores de Moaña, unha carretilla elevadora coas seguintes características:

Carretilla elevadora marca Baicar, S.L. Modelo CH-150, número de bastidor 115.28209. Ano de adquisición: 2001.

7. A favor da Confraría de Pescadores do Grove, unha fábrica de xeo, das seguintes características:

Fábrica de xeo marca Ziegra. Modelo UBE 7.500-2 E, número de bastidor 017012. Ano de adquisición: 2001.

8. A favor da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, unha carretilla elevadora das seguintes características:

Carretilla elevadora marca Nissan. Modelo Nole, número de bastidor 710559. Ano de adquisición: 2001.

9. A favor da Confraría de Pescadores de Redondela, unha carretilla elevadora coas seguintes características:

Carretilla elevadora marca Nissan. Modelo Nole, número de bastidor 710556. Ano de adquisición: 2001.

10. A favor da Confraría de Pescadores de Vila-

xoán, unha cámara de conservación coas seguintes características:

Cámara de conservación cunha dimensión de 3.000x4.000x2,65 mm. Paneis chapa lacada de 75 mm, de espesor. Marca Zanotti. Modelo MSB 135 TO 2 F. Ano de adquisición: 2001.

Artigo 2º

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 35.bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 96.bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinaranse a fins de utilidade pública e interese social das confrarías cesionarias, concretamente, á melloras das súas condicións técnicas ós confrades e ó sector.

b) Coa cesión outorgarase ás confrarías de pescadores citadas a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentasen.

d) Serán de conta das corporacións cesionarias tódolos gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3º

As devanditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través da secretaría xeral, realizará os trámites nece-

sarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos