Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 23 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de Librán (Baleira-Lugo).

Acordada por Decreto 66/1999, do 11 de marzo, (DOG nº 57, do 24 de marzo), a concentración parcelaria da zona de Librán (Baleira-Lugo), anúnciase que os traballos de investigación da propiedade darán comezo ó día seguinte de ser publicado o último dos avisos que corresponde facer no DOG, no BOP, no diario de máis difusión da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e no lugar habitual da parroquia, e desenvolveranse durante o prazo de vinte días prorrogables, en lugar axeitado da zona.

Co fin de reuni-los datos necesarios para establece-las bases de concentración, requírese ós propietarios, rendeiros e, en xeral, ós cultivadores e titulares de calquera gravame para que, no prazo sinalado, presenten os títulos ou documentos nos que fundamenten os seus dereitos.

Tamén se notifica a tódolos que aproveitan augas públicas para que declaren o predio ou predios que regan con elas, e se tal aproveitamento está inscrito no rexistro correspondente.

Os predios que non sexan declarados, serán considerados como de dono descoñecido e daráselles o destino sinalado nas disposicións vixentes.

A falsidade nas declaracións dará lugar, á parte das sancións penais, á responsabilidade polos danos e prexuízos que se ocasionen.

Lugo, 23 de abril de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo