Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Sabaxáns, 2900.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución de data 14-3-2002 se outorgou a Rocas

de Porriño, S.L., o permiso de investigación denominado Sabaxáns nº 2900, de nove cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mondariz, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitude Latitude

18º 25' 40''42º 17' 00''

28º 24' 40''42º 17' 00''

38º 24' 00''42º 16' 00''

48º 25' 40''42º 16' 00''

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL