Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.692

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (105/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 105/2001 a instancia de Abel González Dopazo e outros contra Carrocerías Armando Lorenzo, S.L. e outros sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 1-4-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda interposta por Abel González Dopazo, Enrique González Dopazo, José Romero Rivera, José Fernando Soto Loureiro e María Beatriz Leiro Vilariño contra a empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., Fernando Álvaro Santodomingo Fernández, Armando Lorenzo Luaces, Antonia Varela Pérez e o Fondo de Garantía Salarial, debo coindenar e condeno a empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., Armando Lorenzo Luaces e Antonia Varela Pérez a que aboen a Abel González Dopazo a cantidade de 3.615,09 euros (601.500 pesetas), a Enrique González Dopazo, a cantidade de 3.607,83 euros (600.292 pesetas), a José Romero Rivera a cantidade de 3.941,92 euros (655.880 pesetas), a José Fernando Soto Loureiro a cantidade de 3.687,21 euros (613.500 pesetas) e a Beatriz Leiro Vilariño, a cantidade de 3.357,76 euros (558.684 pesetas), que lles deben en concepto de salarios, con absolución de Fernando Álvaro Santodomingo Fernández e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade

subsidiaria deste organismo.

Así por esta a miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá

consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Carrocerías Armando Lorenzo, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 1 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA