Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (103/2000).

Eu, María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño:

«Sentencia número 31/2001.

Que no xuízo de faltas número 103/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Ana López Suevos Fraguela, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Negreira, dictou esta resolución nos autos de xuízo de faltas número 103/2000, seguido por este xulgado, sendo denunciante Pilar Varela Pose e denunciado José Laíño Varela.

Dispoño que debo condenar e condeno a José Laíño Varela como autor responsable dunha falta de lesións dolosas do artigo 617.1 CP a unha pena dun mes de multa a razón de 200 pesetas/día.

Contra esta sentencia pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de 5 días desde a súa notificación, por escrito e perante este xulgado.

Inscríbase no libro rexistro deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Laíño Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o 20 de marzo de 2002.

A secretaria

Rubricado