Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (349/2001).

Eu, César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Betanzos, dou fe e

testemuño de que no xuízo de faltas número 349/2001 se acordou citar a Luis Ardions Doldan.

O xuíz do Xulgado de Instrucción número un de Betanzos acordou citalo co fin de que, o vindeiro tres de setembro, ás doce horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por desobediencia, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo, apercibíndoo de que de residir no termo municipal e de non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no devandito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a Luis Ardions Doldan, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 15 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado