Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3074/2001).

A Sección Quinta da Audiencia Provinical de Pontevedra con sede en Vigo, constituída pola maxistrada-presidente Victoria Eugenia Fariña Conde e os maxistrados José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 487/2001:

En Vigo o 26 de novembro de 2001.

Visto o recurso de apelación interposto contra os autos de xuízo de cognición número 941/1992 procedente do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo (rolo de sala número 3074/2001), no que é parte apelante e demandante Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada polo procurador Javier Toucedo Rey e defendida polo letrado Antonio Romero Costas, e como parte apelada e demandada José Manuel Trigo Alonso e José Manuel Valverde González, en situación procesual de rebeldía. Foi designado relator a maxistrada Victoria Eugenia Fariña Conde, quen expresa o parecer da sala.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto por Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixa Vigo, representada polo procurador Javier Toucedo Rey contra a sentencia dictada o día 13 de decembro de 1993 no xuízo de cognición número 941/1992 polo Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, debemos confirmar e confirmamos integramente a expresada resolución, impoñéndolle ó apelante as custas desta alzada.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a súa recepción.

Así por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo da sala número, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen sinaturas.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ós apelados demandados José Manuel Valverde González, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino esta sentencia en Vigo o 17 de xaneiro de 2002.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS