Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.684

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable dun técnico en contabilidade e control orzamentario.

Ó amparo da disposición adicional 5ª da Lei 2/1998, pola que se crea o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, e do artigo 7 h) do Decreto 361/1998, do 4 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do CIXTEC, e en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, o CIXTEC acorda convoca-las probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 1 praza de técnico en contabilidade e control orzamentario, polo sistema de acceso libre, procedemento de oposición.

Por non alcanzarse as porcentaxes mínimas, non se reserva ningunha praza para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

1.2. Este proceso selectivo seralle aplicable a Lei 10/1996, do 5 de novembro, e o disposto nas bases da convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.1.1. Ser español ou te-la condición de nacional dun Estado membro da UE, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

2.1.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

2.1.3. Estar en posesión, ou en condicións de obte-lo título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, ou equivalente.

2.1.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

2.1.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Tódolos requisitos esixidos nas bases anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia axustada ó modelo que figura no anexo III desta convocatoria. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos do exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación de minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo terceiro.

3.2. Así mesmo, no cadro correspondente da instancia, deberá facerse consta-la titulación posuída ou estar en condición de a obter.

3.3. Por imperativo legal de conformidade co disposto na Lei 4/2000, de orzamentos para o ano 2001 e no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas

no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 40,75 euros, e de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou no CIXTEC, debendo cubrirse os códigos que figuran no referido anexo IV.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame será reintegrado de oficio ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas e cubrisen os datos bancarios necesarios para face-la devolución.

3.4. A presentación de solicitudes farase nas dependencias do CIXTEC, en Santiago de Compostela, rúa Ramón Piñeiro, nº 27 CP 15702, ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 20 días naturais, a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e dirixirse ó director xeral do CIXTEC.

3.5. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo deberán solicita-las correspondentes adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.6. Os erros de feito que puideran advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou por instancia do interesado.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral do CIXTEC dictará resolución no prazo dun mes, na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que se fará pública por medio do correspondente anuncio no DOG, indicaranse os lugares en que se atope exposta ó público a lista certificada completa de aspirantes admitidos e excluídos. Nas devanditas listas deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de DNI, así como a causa de exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixi-lo defecto que motivou a exclusión, transcorrido este, publicarase a lista definitiva nos lugares indicados.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que a dicte no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta resolución. Cando da documentación que deba presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación nese procedemento.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado polo director xeral do CIXTEC, consonte o previsto no artigo 11 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. A súa composición farase pública por medio do correspondente anuncio no DOG.

5.2. Os membros do tribunal absteranse de intervir, notificándollo ó presidente do tribunal, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, ou se estivesen realizando tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar ós membros do tribunal declaración expresa de non atorparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

5.3. Para a válida constitución do tribunal requirirase a presencia do presidente e secretario, e a metade, polo menos, dos seus vocais, sexan titulares ou suplentes. Celebrará a súa sesión de consitución no prazo máximo de sesenta días a partir da publicación da súa designación.

Na dita sesión o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. Na oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicarselle ó director xeral do CIXTEC.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas, nos casos que sexa necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista nas anteriores bases, as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

5.8. Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG nº 122, do 25 de xuño), o tribunal ten a categoría segunda.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, CP 15702 de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

6. Lista de aprobados.

6.1. Finalizada a oposición o tribunal fará pública no lugar da súa sede, sinalado na base 5.9 e naqueloutros que considere oportunos, a lista de aspirantes aprobados, con indicación da puntuación obtida.

O presidente do tribunal enviará ó director xeral do CIXTEC a copia certificada da devandita lista de aprobados así como a relación de opositores que superaron os exercicios con indicación da puntuación final obtida no conxunto das probas. Os nomes dos que superasen o proceso selectivo faranse públicos por medio do correspondente anuncio no DOG.

7. Presentación de documentos e nomeamentos.

7.1. No prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que a lista de aprobados sexa anunciada no DOG, os aspirantes que superasen o proceso selectivo deberán presentar no CIXTEC os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base 2 ou certificación acádemica que certifique ter feito tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

7.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser nomeados persoal laboral e quederán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

7.3. Finalizado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría que corresponda mediante resolución do director xeral do CIXTEC, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

7.4. Na resolución pola que se publique a proposta definitiva poderán incluírse os postos que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

8. Norma derradeira.

Esta convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

1. Fase de oposición.

Os temarios polos que se rexerán as probas selectivas son os que figuran no anexo II desta convocatoria.

1.1. Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal consonte o temario desta convocatoria. O exercicio terá unha duración máxima de 2 horas. Cualificarase de 0 a 40 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 20 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta. Corresponderalle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixidas para acada-la puntuación mínima.

1.2. Segundo exercicio: de carácter eliminatorio consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal, sobre as materias sinaladas nos temarios das convocatorias. O exercicio terá unha duración máxima de 3 horas. Cualificarase de 0 a 40 puntos

1.3. Terceiro exercicio: entrevista persoal na que se avaliará a adecuación ó posto de traballo dos aspirantes. Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e terá carácter eliminatorio.

1.4. Cuarto exercicio de carácter non eliminatorio. Consistirá na traducción dun texto de galego ó castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto; será necesario para superalo obte-lo resultado de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo

nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento do galego. Tal acreditación poderase presentar ata os 5 días seguintes ó da publicación da nota do terceiro exercicio.

As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse no taboleiro de anuncios do CIXTEC así como na páxina web do CIXTEC: www.CIXTEC.es.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente bolígrafo para a realización do exercicio tipo test.

A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida nas probas da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

1.5. Desenvolvemento dos exercicios: a orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, consonte coa resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acredita-la súa identidade.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, agás nos casos de forza maior xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

O día, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio farase público na resolución que aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración de segundo a restantes exercicos será efectuado polo tribunal no taboleiro de anuncios do CIXTEC, ademais de por calquera outro medio que o considere conveniente, sempre con vintecatro horas de antelación, cando menos, á súa iniciación.

ANEXO II

Tema 1. A ciencia económica. A actividade económica. O obxecto e os problemas da economía. O método da ciencia económica.

Tema 2. Problemas centrais a toda organización económica. As posibilidades tecnolóxicas. A Lei dos rendementos decrecentes. Economía de escala. A Lei dos custos relativos crecentes.

Tema 3. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado: a actividade económica na empresa e o sistema económico. O mercado e a competencia. A demanda.

Tema 4. Teoría da demanda baseada no concepto de utilidade, utilidade total e utilidade marxinal. O comportamento do consumidor. Obtención da cur

va de demanda. Efecto renda e a competencia. A demanda.

Tema 5. Teoría da demanda baseada nas curvas de indiferencia. Características. O equilibrio do consumidor. As curvas de demanda. Efecto renda, efecto substitución. Distintos tipos de curvas de demanda.

Tema 6. Outros aspectos da teoría da demanda. A teoría da demanda baixo os supostos do equilibrio parcial. O excedente do consumidor.

Tema 7. A función de producción. Curvas isocuantas e isocostes: concepto, características, obtención. Función de producción homoxénea. Productividade. Equilibrio da producción. As curvas de producto a curto prazo: a Lei de rendementos decrecentes.

Tema 8. Os custos de producción. Concepto e clases. Curvas de custos. Funcións de custos. Relación entre curvas de custo a curto e longo prazo. Dimensión óptima. Formación do custo. O control de custos. As desviacións económicas e técnicas. A desviación total.

Tema 9. O proceso productivo e a curva de oferta. O equilibrio da empresa.

Tema 10. Principios e modelos de producción. Volume óptimo de producción a curto prazo. Modelo inicial de programación de producción. A programación de sistemas de multiproducción. A programación lineal e o método de Simplex.

Tema 11. A programación temporal de proxectos (I): técnicas de programación temporal. Actividades de duración aleatoria. Programación de custos e aceleración temporal.

Tema 12. A programación temporal de proxectos (II): actividades de duración aleatoria.

Tema 13. Control de inventarios: concepto e clases de inventarios. Custo dos inventarios. A administración de inventarios. Determinación de existencias óptimas. Cálculo de stock de seguridade.

Tema 14. A estructura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. Equilibrio entre investimentos e financiamentos. O fondo de manobra.

Tema 15. O investimento na empresa: concepto, clases de investimentos.

Tema 16. Métodos clásicos de valoración e selección de proxectos de investimento. O período de maduración: concepto e cálculo.

Tema 17. Selección de investimentos: método de valor capital. Método da taxa de retorno. Similitude entre ámbolos dous métodos. O problema das taxas de retorno múltiples.

Tema 18. As decisions de investimentos secuenciais. As árbores de decisión. A análise bayesiana.

Tema 19. O investimento en bens de equipo. Determinación da duración óptima. Decisións de renovación de equipos.

Tema 20. O investimento en activo circulante. O investimento en inventarios. O investimento en efec

tivo. O saldo óptimo da tesoureiría. Determinación do activo circulante.

Tema 21. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización: causas da depreciación. A función financeira das amortizacións.

Tema 22. Método de amortización. O efecto expansivo da amortización.

Tema 23. O autofinanciamento propiamente dito. O autofinanciamento no balance. O efecto multiplicador do autofinanciamento. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 24. O custo do autofinanciamento para a empresa.

Tema 25. O financiamento da empresa: mercado primario e secundario de valores. A emisión de valores. O dereito de suscrición. Valoración de accións e obrigacións. O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento permanente.

Tema 26. O financiamento externo da empresa: contratos de leasing, factoring, e renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 27. O financiamento da empresa nos mercados financeiros internacionais.

Tema 28. A estructura financeira óptima da empresa e a política de dividendos. Endebedamento e rendibilidade financeira. A estructura financeira óptima. A tese de Modigliani-Miller e a tradicional. Política de dividendos e valor das accións.

Tema 29. A valoración da empresa. Principios básicos. Valor matemático e contable, valor bursátil e valor de rendemento da empresa. O concepto de «goodwilell». Métodos para determinar o valor global da empresa.

Tema 30. O fondo de comercio: significación económica. Técnicas de valoración. Valoración da empresa en funcionamento.

Tema 31. A renda nacional. Magnitudes agregadas básicas. O fluxo circular da renda e o producto. Contabilidade da renda nacional nunha economía aberta. O sector público na contabilidade nacional: contas e magnitudes.

Tema 32. Modelos de determinación da renda nunha economía cerrada. Análise polo lado da oferta e da demanda.

Tema 33. O diñeiro. Concepto e funcións. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

Tema 34. O sistema financeiro. O Banco Central. Os bancos comerciais. Outros intermediarios financeiros.

Tema 35. O comercio internacional. Formulacións teóricas: a formulación clásica da teoría da vantaxe comparativa. A relación real de intercambio. O modelo de Heckscher-Ohlin. A protección arancelaria: métodos de protección. A protección non arancelaria. A Balanza de pagamentos: concepto e estructura. O tipo de cambio. O equilibrio da balanza de pagamentos.

Tema 36. A Comunidade Europea. Sistema institucional. Dereito comunitario. Europeo e dereito español.

Tema 37. A Constitución española do 1978 (I): características e estructura. A reforma constitucional.

Tema 38. (II) As Cortes Xerais. A Coroa. O Goberno. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional.

Tema 39. A organización territorial do Estado. As Comunidades Autónomas: estructura e competencias. Os estatutos de autonomía: caracteres e contido. Os ordenamentos autónomos. Relación co ordenamento estatal.

Tema 40. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Goberno da CC.AA. de Galicia. O Parlamento de Galicia.

Tema 41. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 42. Organización política das Comunidades Autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A administración de xustiza de Galicia.

Tema 43. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 44. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción de Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 45. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatales marco, de transferencias e de delegación.

Tema 46. A administración autonómica; organización e estructura das consellerías. A Administración institucional da comunidade. O CIXTEC en particular. Decretos de funcionamento e lei de creación.

Tema 47. As fontes do dereito administrativo. A constitución. A lei. Os decretos leis, os decretos lexislativos.

Tema 48. O regulamento. A potestade regulamentaria.

Tema 49. Os diversos entes públicos e a su personificación. Normas de xestión dos servicios públicos.

Tema 50. A Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tema 51. Os contratos administrativos. Formación histórica e sentido actual. Os contratos privados da Administración. O procedemento de contratación en xeral.

Tema 52. Réxime legal dos contratos administrativos de obras, subministracións e xestión de servicios públicos. Os contratos de asistencia, con empresas consultoras o de servicios.

Tema 53. A Lei de función pública de Galicia. O persoal laboral ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia: o convenio colectivo.

Tema 54. O dereito financeiro: concepto, autonomía e contido. A facenda pública na Constitución española.

Tema 55. O dereito orzamentario: concepto e contido. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidad Autónoma.

Tema 56. O gasto público na Comunidade Autónoma de Galicia. A execución do orzamento de gastos. O procedemento administrativo de execución do gasto público: procedemento xeral e procedementos especiais.

Tema 57. A instrucción de operatoria contable que hai que seguir na execución do gasto.

Tema 58. Procedemento de pagamento: extinción das obrigas.

Tema 59. O control da actividade financeira na CC.AA. de Galicia. Concepto, clases e ámbito. Órganos de control.

Tema 60. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. Os principios xerais do ordenamento tributario.

Tema 61. O financiamento das Comunidades Autónomas. Elementos principais dos tributos propios. Os tributos cedidos.

Tema 62. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: contas anuais. Verificación, auditoría e depósito das contas.

Tema 63. Contabilidade: constitución, distribución de beneficios, aumento e reducción de capital, financiamento, transformación, fusión, absorción, escisión e disolución, de empresas individuais e sociais.

Tema 64. Operacións contables do exercicio, regularización e formalización de estados contables en empresas públicas e privadas.

Tema 65. A contabilidade pública. O plan xeral de contabilidade pública. As contas anuais das sociedades públicas.

Tema 66. Matemáticas financeiras: capitalización simple e compuesta: rendas, préstamos e empréstitos. Operacións con valores.

Tema 67. Estatística descritiva: medidas de posición e dispersión. Números índices