Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas), treito I, clave: PO/99/61.1.1, concello de Moaña.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidad Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 30 de xullo de 2001, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras: vía de alta capacidade do Morrazo, treito: I, clave: PO/99/61.1.1, concello de Moaña, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 20 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 241/2001, publicado no DOG nº 192, con data do 3 de outubro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio,

no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Centro Cultural Daniel Castelao en Quintela-Moaña:

-Día: 17 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 001 ó predio nº 100.

-Día: 18 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 101 ó predio nº 200.

-Día: 19 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 201 ó predio nº 285.

-Día: 20 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 286 ó predio nº 389.

-Día: 21 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 390 ó predio nº 489.

-Día: 24 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 490 ó predio nº 599.

-Día: 25 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 600 ó predio nº 699.

-Día: 26 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

De: o predio nº 700 ó predio nº 798.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Moaña e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, poden facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 16 de maio de 2002.

P.A.

Ramón González Fernández

Enxeñeiro técnico de Obras Públicas