Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de abril de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a José Manuel Pérez Calviño a resolución acordada no expediente sancionador ES-P-0033/2001, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-81/010, conta 182, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal a José Manuel Pérez Calviño, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a resolución sancionadora dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 15 de febreiro de 2002, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-81/010, conta 182, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Vistas as actuacións practicadas no expediente enriba referenciado, tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 3 de setembro de 2001, tendo en conta o resultado das actuacións previas practicadas ó abeiro do disposto nos artigos 158.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial e 12 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (RP), o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, acordou o inicio do procedemento sancionador ES-P-033/2001, contra José Manuel Pérez Calviño, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-81/010, conta 182, sita na r/ Alemaña, nº 49, baixo B en Pontevedra.

Segundo.-Notificado o devandito acordo de inicio ó interesado este presenta escrito de alegacións o 28 de setembro de 2001, no que solicita o arquivo das actuacións ou ben que se lle notifique correctamente o acordo pois nel aparece como suposto responsable outra persoa.

Terceiro.-Recibida, tras reiterados intentos, a corrección de erros do devandito acordo de inicio, con data do 29-11-2001, o interesado non presentou alegacións malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Cuarto.-O 21 de decembro de 2001 a instructora do procedemento propón a imposición ó inculpado, da sanción legalmente prevista no seu grao medio, como autor da infracción administrativa tipificada como grave, no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Quinto.-Recibida a citada proposta polo interesado o 23 de xaneiro de 2002, este non presentou alegacións, malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda (DOG nº 109, do 9 de xuño).

Segundo.-O artigo 3 do Decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre construcción, financiamento, uso, conservación e aproveitamento de vivendas de protección oficial, establece que as vivendas de protección oficial deberán dedicarse a domicilio habitual e permanente, sen que baixo ningún concepto poidan destinarse a segunda residencia ou a calquera outro uso.

Engadindo que existe habitualidade na ocupación da vivenda, cando non permaneza desocupada máis de tres meses seguidos ó ano, salvo que medie xusta causa.

Terceiro.-Os indicados feitos probados responden á infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, segundo o cal:

Terán a cualificación de infraccións graves:

c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

Cuarto.-Considérase responsable, en concepto de autor, a José Manuel Pérez Calviño, como adxudicatario da vivenda referenciada, podéndolle corresponder, consonte co artigo 7.1º b) da mencionada lei a sanción de multa desde 601,02 a 3.005,06 A.

Quinto.-De acordo coa proposta do órgano instructor e tendo en conta o principio de proporcionalidade que segundo os artigos 131 da Lei 30/1992 e 7.3º da Lei 13/1996, informan o exercicio da potestade sancionadora, procede impoñe-la sanción legalmente prevista no seu grao mínimo.

Vistos os preceptos legais citados de demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Impoñer a José Manuel Pérez Calviño a sanción de seiscentos un euros con dous céntimos (601,02 euros), por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada, identificada como expediente PO-81/010, conta 182.

O importe da sanción imposta pola presente resolución deberá ser ingresado na conta Tesouro Facenda galega -conta restrinxida do IGVS- recadación de multas e sancións nº 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non cumprir esta resolución administrativa en tódolos seus termos, poderán impoñerse multas coercitivas consonte co artigo 13 da Lei 13/1996.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 15 de febreiro de 2002. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial de Pontevedra».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 17 de abril de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Pronvicial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expediente sancionador ES-P-

0033/2001).

Conta: 182.

Nome: José Manuel Pérez Calviño.

Intentos de notificación: r/ Alemaña, 49, baixo B, Pontevedra, días: 20-2-2002; 22-2-2002.

R/ Francisco Añón, 10-1º A, Pontevedra, días: 26-3-

2002.