Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de retirada, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios para este hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, convoca a contratación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de retirada, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios para o Hospital Nicolás Peña, CP4/02.

Obxecto: contratación do servicio de retirada, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios do Hospital Nicolás Peña.

Orzamento: cincuenta mil euros (50.000 A) IVE incluído.

Exercicio 2002: 33.333,33 A.

Exercicio 2003: 16.666,66 A.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, con trámite de urxencia.

Prazo de execución: o contrato empezará a rexer a partir da súa sinatura.

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na folla de especificacións e prego de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados no servicio de subministracións do Hospital Nicolás Peña, sito na avenida das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables agás sábados, desde as 9 h ata as 14 h.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos del Estado, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario.

Vigo, 19 de abril de 2002.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo