Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva mediante a edición de materiais de apoio para o desenvolvemento do Programa Educativo de Prevención da Sida. (C/169-2002).

1. Obxecto e orzamento: a subministración sucesiva mediante a edición de materiais de apoio para o desenvolvemento do Programa Educativo de Prevención da Sida, por un importe máximo de cento cinco mil catrocentos dous con vintesete euros (105.402, 27 euros) (IVE incluído).

2. Solvencia económica, financieira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: dende a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2003.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, en días laborables dende as 9 ata as 14 horas.

5. Garantías: non se exixen.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade / Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas que a Consellería de Sanidade ten na 2ª planta do edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos