Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación en réxime de concesión, de máquinas expendedoras de bebida e alimentos, para este hospital, polo procedemento aberto e mediante concurso.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, convoca a contratación, en réxime de concesión, de máquinas expendedoras de bebida e alimentos, para o Hospital Nicolás Peña, polo procedemento aberto mediante concurso, CP3/02.

Obxecto: contratación de máquinas expendedoras de bebida e alimentos para o Hospital Nicolás Peña.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: o contrato empezará a rexer a partir da súa sinatura.

Admisión de variantes: admitiranse un máximo de 2 variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos no prego de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados no servicio de subministracións do Hospital Nicolás Peña, sito na avenida das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables agás sábados, desde as 9 h ata as 14 h.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos del Estado, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario.

Vigo, 23 de abril de 2002.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo