Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 279 e 281/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notifícar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta delegación provincial, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 281/2002.

Acta inf. nº 1707/2001.

Empresa: Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.

NIF/DNI: B-15.680.549.

Enderezo: Salgado Somoza, 8-A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.652,79 A.

Resumo da acta de infracción.

Visitada a obra de construcción sita na estrada Nacional VI (Cortiñán), comprobouse que carece de vestiarios, taquillas e servicios hixiénicos. Carece, así mesmo, de proteccións colectivas contra o risco de caída de altura e a escaleira de acceso á segunda planta carece de zapatas antiesvarantes de goma. Tampouco estaban dotados os traballadores de proteccións persoais contra o risco de caída.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, artigos 4, 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15, 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro e artigos 1, 2, 10, 11 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, así como os apartados 15 e 2 a) da parte A e apartado 11 c) da parte C do anexo IV do mesmo real decreto.

Aprécianse dúas faltas, unha leve en grao mínimo e outra grave en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 11.4º, 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 279/2002.

Acta inf. nº: 1565/01 (I).

Empresa: Urproman, S.L.

NIF/DNI: B-15.483.696.

Enderezo: Alcalde Pérez Ardá, 14 B E-A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.803,04 A.

Resumo da acta de infracción.

Visitada a obra de construcción sita en Santa Cruz, constatouse que carece de protección fronte ó risco de caída de altura (barandias, redes, etc.).

Vulnéranse os artigos 187 da O.M. do 28-8-1970; artigos 1, 11 e anexo IV parte C -artigo 3- do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

A acta de infracción esténdese solidariamente contra a empresa principal: Cnes. Peña Aguda, S.L.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º e 39.1.3º e 40.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan os expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 8 de maio de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana Lado Eiriz

Delegada provincial da Coruña