Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación estatutaria do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 16 de abril de 2002, a acta do III Congreso do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico-Galicia), celebrado na Illa da Toxa o día 10 de abril de 2002, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas por unanimidade no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do III Congreso de Fetico-Galicia, os compoñentes da mesa do congreso presidida por Mª Jesús Vázquez Rodríguez.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais