Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 4 e 26 dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito e estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foi remitida, o día 17 de abril de 2002, certificación expedida polo secretario da referida federación, Francisco Javier Pérez Bello, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo tomado na asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar o 24 de marzo de 2002, consistente na modificación dos artigos 4 e 26 dos estatutos, relativos ó domicilio social da asociación e ó nomeamento do comité executivo coas súas facultades, respectivamente.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais