Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, por delegación de competencia segundo a Orde do 21 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 15, do 21 de xaneiro de 2002), resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: deseño, organización e montaxe dos stands da Xunta de Galicia-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en distintos certames que se van celebrar durante o ano 2002: lote nº 1: Expomar 2002 (Burela, 16 ó 19 de maio), Salón Náutico Internacional 2002 (Vigo, 23 ó 26 de maio) e Conxemar 2002 (Vigo, 1 ó 3 de outubro); lote nº 2: Sial 2002 (París, 20 ó 24 de outubro).

Adxudicatario lote nº 1: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 32.900 euros.

Adxudicatario lote nº 2: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 210.500 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Miguel A. López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS