Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Serra da Panda. (Expediente 15/1998).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15075 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre a utilidade pública do parque eólico denominado Serra da Panda; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 12 de xuño de 2000, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Coriscada II, de 18,48 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, de 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o

aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia e Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, por Resolución do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña.

Terceiro.-O 4 de maio de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, notificándose ó promotor o 12-6-2001.

Cuarto.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995 mediante acordo da Delegación Provincial

de Industria da Coruña do 14 de agosto de 2001, publicado no DOG do 24 de agosto, no BOP da Coruña do 29 de agosto, o diario La Voz de Galicia do 31 de agosto, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Mañón e Ortigueira e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Quinto.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Amparo Pérez García solicita que se teña en conta na valoración da afección que no seu predio hai unha plantación de eucalipto. Así mesmo solicita que, dado que as instalacións deixarán unha parte do predio sen saída, se lle permita o acceso a través do parque.

2. Adolfo García Lamelas manifesta que na propiedade do predio 56 terase que incluír ós herdeiros de Emiliano Rey Oca, ós que el representa.

3. Jaime Bouza López alega:

-A empresa debe presentar un parcelario referido ó Novo Catastro de Rústica. Así mesmo, débese acredita-la superficie das parcelas.

-Existen erros na titularidade dos predios.

-O proxecto exposto no concello carece de: estudio de seguridade e saúde; plano 1/1.000 con identificación dos lindeiros, accesos e liñas eléctricas; plano 1/10.000 no que se identifiquen as edificacións existentes; plano de emprazamento 1/5.000.

As alegacións de carácter ambiental tivéronse en conta na autorización administrativa do citado parque eólico; as alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Sexto.-O 15 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-las instalacións electromecánicas, aproba-lo proxecto de execución e recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Coriscada II, para unha potencia de 18,48 MW, e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas son as seguintes:

NomeMunicipioVértices

XY

Serra da Panda (Coriscada II)Mañón600.5004.834.000

Ortigueira601.0004.834.000

601.0004.832.500

601.7504.832.750

602.0004.832.500

601.0004.832.000

600.5004.832.000

600.5004.831.500

600.0004.831.500

598.5004.833.500

599.2504.833.500

600.0004.833.000

Nº de aeroxeradores: 28.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: G-47-660 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 18,48 MW.

Producción anual estimada: 51.884 MWh.

Investimento previsto: 13.901.429,69 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-28 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 15/25 kV Al 3x1x(1x300 mm), de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Sétimo.-O 23 de novembro de 2001, Gamesa Energía solicitou á Dirección Xeral de Industria o cambio de denominación do parque eólico Coriscada II por parque eólico Serra da Panda.

Oitavo.-O 30 de novembro de 2001, Gamesa Energía, S.A. solicitou a autorización da cesión e subrogación en tódalas facultades, dereitos e obrigas asumidas en virtude das autorizacións administrativas outorgadas a favor de Sistemas Energéticos Serra da Panda, S.A. para o parque eólico Serra da Panda.

Noveno.-Por Resolución do 16 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorízase o cambio de titularidade e subrogación dos dereitos e obrigas asumidos en virtude das autorizacións administrativas outorgadas para o parque eólico denominado Serra da Panda da empresa Gamesa Energía, S.A. a favor da sociedade mercantil Sistemas Energéticos Serra da Panda, S.A.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, de 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa pro

motora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toma en consideración a alegación de Amparo Pérez García no referente á valoración da parcela, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. A parte do predio que queda enclavada como consecuencia da expropiación, sen ter saída a camiño público, gozará da servidume legal de paso a que se refiren os artigos 564 e ss. do Código civil.

3. En relación coa alegación presentada por Adolfo García Lamelas, a empresa tomará razón dela; non obstante será no levantamento de actas, ó que será oportunamente convocado, o momento no que pode demostra-la titularidade do predio, achegando a documentación acreditativa necesaria.

4. En cuanto á alegación presentada por Jaime Bouza López, cabe dicir que:

-A descrición dos bens e dereitos afectados, así como a identificación dos seus propietarios cumpre co requirido no regulamento da Lei de expropiación forzosa.

-Será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.

-A documentación, estudios e planos do proxecto do parque eólico axústanse ó disposto na lexislación vixente.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Serra da Panda, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de dos meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 202.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL