Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/372).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Coruxou-Fervenzas.

Situación: Paderne e Irixoa.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, de 470 m de lonxitude, en conductor LA-110, que parte do apoio nº 1 da derivada a C.T. A Ventosa e final no apoio nº 5 derivación a C.T. O Ourovello e San Mamede, no termo municipal de Paderne.

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, de 1.386 m de lonxitude, en conductor LA-110, que parte do apoio existente a C.T. Cela e final no apoio nº 13 xunto á antiga central Pías. No termo municipal de Irixoa.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O titular do predio nº 6 oponse ó trazado, alegando que pretende construír unha vivenda unifamiliar.

A empresa solicitante invoca o artigo 162 do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro.

O titular do predio nº 15 alega erro na titularidade e prexuízo de futuras construccións nela. A empresa solicitante corrixe a titularidade e recórdalle ó interesado que pode presentar, cando proceda, folla de aprecio.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente a dereito.

A Coruña, 11 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña