Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia a publicación do acordo da zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 1551/1991, do 4 de abril, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 10-4-2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Vilalba e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presentalo no Servicio de Infraestructuras Agrarias (Ronda da Muralla, 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 18 de abril de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS