Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 8 e 11 dos estatutos da Asociación Profesional Sanitaria de Atención Privada (APSAP).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 5 de abril de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Aurelio Trillo Castro, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria do día 21 de marzo de 2002, consistente na modificación dos artigos 8 e 11 dos estatutos, relativos ó presidente e ás funcións da xunta directiva, respectivamente.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais