Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 2 dos estatutos da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 8 de abril de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Jacobo Pérez Paz, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral do día 2 de xaneiro de 2002, consistente na modificación do artigo 2 dos estatutos, relativo ó novo domicilio social da asociación, que pasa a ser rúa Santiago de Chile número 13, local 21 de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais