Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (440/2001).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 440/2001 se dictou esta sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo, 12 de abril de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por coaccións, rexistrada baixo o número 440/2001, tramitada por instancia de Abel Rodríguez Carabel, en calidade de denunciante, contra Manuel Cotelo Lista, en calidade de denunciado. Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Absolvo o denunciado Manuel Cotelo Lista da falta de coaccións con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpor, no prazo de cinco días recurso de apelación perante este xulgado, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Abel Rodríguez Carabel, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino en Carballo o 15 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA