Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (167/2001).

María Elena Sánchez Ranz, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 167/2001 se acordou citar a Simón Pedro Bernárdez Martínez ó xuízo de faltas número 167/2001 que terá lugar o próximo día 27 de maio ás 13 horas, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Simón Pedro Bernárdez Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o once de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA