Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (89/2001).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario xudicial con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica:

Que neste xulgado se tramitan autos de divorcio número 89/2001, por instancia de María Gil García, representada polo procurador Sr. Núñez Blanco, asistido do letrado Sr. Míguez López, contra Alejandro Traba Paz, dictándose nos autos sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou esta resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 89/2001, no que actuaron como partes os esposos María Gil García, representada polo procurador Domingo Núñez Blanco e asistida do letrado José Carlos Míguez, e demandado Alejandro Traba Paz declarado en rebeldía procesual.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Gil García representada polo procurador Domingo Núñez Blanco e asistida do letrado José Carlos Míguez contra Alejandro Traba Paz, declarado en rebeldía procesual, declarando o divorcio do matrimonio que formaban, cos demais efectos inherentes ó dito pronunciamento.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación en forma ó demandado Alejandro Traba Paz, con domicilio descoñecido, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o sete de xaneiro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado