Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.465

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (598/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 598/2001, seguidos por instancia de Mª Cruz Veiga Montero contra ASCOPU sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 10-4-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Mª Cruz Veiga Montero contra a empresa ASCOPU, condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.512,13 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que deberá anunciar previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense á empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 598-2001 de Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte actora o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a non ser que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da actora.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e

asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa ASCOPU, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado