Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.463

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO de notificación (404/2001).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 404/2001 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«En Carballo, 12 de abril de 2002.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas por apropiación indebida, rexistrada baixo o nº 404/2001, tramitada por instancia de Tamara Guellet Villar, en calidade de denunciante, contra Daniel González Lueiro, en calidade de denunciado. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a Daniel González Lueiro como autor dunha falta contra o patrimonio, á pena de trinta días de multa, cunha cota diaria de dous euros, o que fai un total de sesenta euros, debendo indemniza-la denunciante aboando a suma de sesenta e un euros con oitenta céntimos (61,80 A). Esta cantidade deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a data desta sentencia, prevíndoo de que, en caso de non a satisfacer e logo da exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade

por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo isto con expresa en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela cabe interpor, neste xulgado, recurso de apelación, que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Daniel González Lueiro, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, en Carballo o 15 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado