Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, con número de código 3603552, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-4-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 14-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, con domicilio en rúa Castelao, nº 18,

36600 Vilagarcía de Arousa

1. Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa Mª Carmen Porto Diéguez. As normas establecidas no presente convenio inclúen a totalidade do persoal que forma a empresa actualmente, así como o persoal de novo ingreso durante a vixencia del.

2. Vixencia.

O presente convenio terá vixencia dun ano, e entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, excepto o incremento na táboa salarial, que se retrotraerá ó 1 de xaneiro de 2002. Considerarase prorrogado automaticamente, se non existe unha denuncia del, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

3. Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será de carácter persoal, sen que poida entenderse vinculado a un posto de traballo, categoría profesional, ou outras circunstancias, polo que os traballadores de novo ingreso, non poderá alegar ó seu favor as condicións máis beneficiosas de que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo ós que sexan destinados.

4. Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, en horario de mañá e tarde, para tódolos traballadores da empresa. Nos meses nos que a empresa o considere conveniente, deixarase de reparti-los sábados pola mañá.

5. Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a unhas vacacións retribuídas consonte as seguintes condicións.

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións fixaranse de común acordo entre o traballador e a dirección da empresa, podendo ser estas fraccionadas.

c) A empresa exporá, ó longo do primeiro trimestre do ano, no taboleiro de anuncios, as datas das vacacións, contra o cal o traballador poderá ofrecer alternativas, sempre que estas non prexudique a outro traballador.

d) Cando o traballador cese a súa actividade na empresa, terá dereito á parte proporcional de vacacións en razón do tempo traballado.

6. Licencias e permisos.

En función do disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e achegando unha xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos:

-15 días naturais por matrimonio.

-1 día natural por traslado de domicilio habitual.

-3 días naturais, en caso de morte do cónxuxe, ascendente, descendente ou irmáns, parto da esposa, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos.

En casos excepcionais, poderán concederse licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección da empresa, cunha causa xustificada, peticións que a empresa intentara atender.

7. Antigüidade.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán aumentos periódicos por cada tres anos de traballo, cunha contía do 5% do salario base correspondente á categoría coa que o traballador está encadrado, respectando en todo caso o que establece o Estatuto dos traballadores en canto á aprendizaxe.

8. Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir tres pagas extraordinarias, unha en marzo, unha segunda en xullo, e unha terceira en decembro, consistentes en salario base máis antigüidade.

9. Complemento de transporte.

A empresa aboaralles ós seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 55 euros mensuais.

10. Retribucións.

O salario para o ano 2002 será o que figura na táboa anexa. En sucesivas anualidades reunirase, no mes de xaneiro, a comisión negociadora para acorda-lo incremento das táboas, tendo sempre como referencia o IPC do ano anterior.

11. Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, ou accidente laboral, a empresa complementará o soldo do traballador ata o 100% del, para que este non se vexa minguado na súa percepción económica mentres dure o período de baixa.

12. Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a lles facilitar ós seus empregados a roupa de traballo necesarias para cada función. O seu bo uso e conservación será obriga do traballador.

13. Lei de prevención de riscos laborais.

Para estes efectos seguirase o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, publicada no BOE número 269, do 10 de novembro, así como ó seu desenvolvemento regulamentario, que é normativa de dereito mínimo e indispensable.

16. Contratación.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral vixente en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que contemple a lexislación e conforme a ela, entregando unha copia do contrato ó interesado. Cando se celebren contratos ó abeiro do artigo 15 letra b) do texto refundido do vixente Estatuto dos traballadores, desenvolvido polo Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, estes poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

15. Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio, aplicarase o acordo marco de comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións.

16. Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 de Estatuto dos traballadores, crearase unha comisión paritaria, formada por:

Breixo Redondo Porto e por Eugenio Francisco Prieto Meléndez.

O primeiro en representación da empresa, e o segundo en representación dos traballadores.

17. Partes asinantes.

Asinan este convenio, dunha parte Breixo Redondo Porto, en representación da empresa, e da outra Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en calidade de representante legal dos traballadores.

Vilagarcía de Arousa, 14 de marzo de 2002.

En Vilagarcía de Arousa, sendo as 12 horas do día 1 de febreiro, reúnense nos locais da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, a comisión negociadora do convenio, formada por Breixo Redondo Porto, en representación da empresa, como xerente, e Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en representación dos traballadores como delegado de persoal.

Ámbalas partes recoñécense como interlocutores válidos para negocia-lo convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, e acordan constituí-la comisión negociadora do convenio que queda formada polas dúas persoas presentes nesta reunión, en representación da empresa e dos traballadores.

Fíxase a reunión da comisión negociadora para o 14 de marzo de 2002 ás 12 horas e non habendo máis asuntos que tratar dáse por finalizada a presente reunión.

Pola empresa.

Polos traballadores.

En Vilagarcía, sendo as 12.30 horas do día 14 de marzo de 2002, reúnense nos locais da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, a comisión negociadora do convenio, formada por Breixo Redondo Porto, en representación da empresa e Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en representación dos traballadores.

O obxecto da reunión é conseguir un acordo para a sinatura do texto do convenio colectivo da empresa e fixar un incremento salarial para o ano 2002.

Unha vez analizados os proxectos de convenio colectivo presentados polas partes, refúndense nun único texto que é aceptado por ámbalas partes, acordándose un incremento salarial para o ano 2002 dun 5% sobre os salarios vixentes a 31-12-2001.

E, non habendo máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión acordándose a sinatura do texto do convenio e a táboa salarial a día de hoxe.

Pola empresa.

Polos traballadores.

ANEXO

Táboa salarial

CategoríasEuros

Xefe administrativo 1ª856,47

Oficial administrativo 1ª735,2

Dependente531,69

Conductor-repartidor540,62

Repartidor522,75

Conductor549,54

Mecánico-montador536,16

Mozo-repartidor522,75

Instalador gas856,47

Instalador536,16

Axudante instalador531,69

Xerente731,25

Dependente maior731,25

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE