Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.453

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 14 de maio de 2002 pola que se modifican as ordes do 11 de decembro de 2001 de subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2002, e ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos camiños de Santiago no ano 2002 (Diario Oficial de Galicia do 20 e do 24 de decembro de 2001).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convocou subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2002, e ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos camiños de Santiago no ano 2002, a través das ordes do 11 de decembro de 2001(DOG do 20 de decembro e do 24 de decembro de 2001), que no seu artigo 2 establecen que o importe orzado, cento oitenta mil trescentos tres con sesenta e dous euros, farase con cargo ós orzamentos prorrogados da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Como queira que con posterioridade á publicación das devanditas ordes, regulouse a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001 para o ano 2002, por Decreto 401/2001, do 28 de decembro (DOG do 31 de decembro de 2001); decreto que foi desenvolvido pola Orde do 29 de decembro de 2001 (DOG do 31 de decembro), segundo a cal a devandita prórroga alcanza só a metade do orzamento.

Polo que non habendo crédito pola totalidade do importe orzado, e unha vez aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, por Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, procede modifica-las ordes de referencia.

Para tal fin,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 2 da Orde do 11 de decembro de 2001, pola que se convocan subvencións ás enti

dades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2002 (DOG do 20 de decembro de 2001), que queda redactado do seguinte xeito: «O importe total do crédito destinado para esta convocatoria é de cento oitenta mil trescentos tres con sesenta e dous euros, e farase con cargo á aplicación orzamentaria 10.01.353-D.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002».

Artigo 2º

Modifícase o artigo 2 da Orde do 11 de decembro de 2001, pola que se convocan subvencións ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos camiños de Santiago no ano 2002 (DOG do 24 de decembro de 2001) que queda redactado do seguinte xeito: «O importe total do crédito destinado para esta convocatoria é de cento oitenta mil trescentos tres con sesenta e dous euros, e farase con cargo á aplicación orzamentaria 10.01.353.D.470.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo