Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.453

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de abril de 2002 pola que se convocan axudas correspondentes ó programa de Tecnoloxías de Deseño e Producción Industrial, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005, na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido erro na antedita orde publicada no DOG nº 93, do 15 de maio de 2002, cómpre face-la seguinte correción:

Na páxina 7.095 no artigo 3º.-Solicitudes, onde di: «Os modelos para a formalización das solicitudes,

así como a forma e lugar de presentación, son os determinados no número 4 da orde de bases», debe dicir: «Os modelos para a formalización das solicitudes, así como a forma e lugar de presentación, son os determinados no punto cuarto da orde de bases (anexos XXXIV e XXXV)».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de solicitudes.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO