Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 176/2002, do 10 de maio, polo que se pecha o centro de menores Xesús de Nazaret-Palavea (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de auto

nomía, en concordancia co artigo 148.1º.20 da Constitución Española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social.

En virtude desa atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servicios sociais como servicio público da Comunidade Autónoma de Galicia. A mencionada lei regula como servicios sociais de atención especializada, entre outros, os dirixidos á familia, infancia e xuventude, e recolle determinados programas e equipamentos entre os que figuran os centros de menores, encamiñados á consecución da normalización, personalización e integración socio-familiar dos seus beneficiarios. Neste mesmo sentido, atribúeselle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, infancia e adolescencia, tódalas competencias relativas á creación e xestión de centros de atención a menores.

No desenvolvemento da lei, e co fin de garanti-la adecuada prestación dos servicios, controla-la calidade da atención e recoñece-los dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servicios sociais. Esta disposición regula a obriga de obte-la autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais, así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que estes deben cumprir.

A entrada en vigor da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal do menores, fai necesaria a adaptación do centro de menores Xesús de Nazaret ás esixencias desta, que pasan necesariamente por unha fonda remodelación do centro, tanto na súa estructura física como na súa natureza. Mediante a Orde do 3 de maio de 2002, autorizouse o cesamento de actividades do citado centro.

Neste sentido, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servicios sociais e o artigo 6 do Decreto 243/1995, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto, e polo tanto o seu peche debe realizarse mediante norma do mesmo rango legal. De conformidade coa Lei 4/1993, a Lei 3/1997 e o Decreto 243/1995, por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de maio de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Péchase o centro de menores Xesús de Nazaret-Palavea (A Coruña).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dic

ta-las disposicións necesarias para a execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE