Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.452

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 6 de maio de 2002 pola que se nomean novos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os devanditos comités regúlanse na Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3 dispón que a composición do comité se axustará ó establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e os seus membros nomearanse por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (modificada por Lei 11/1988, do 20 de outubro), a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, antes citados, e por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, á persoa que se cita no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Novo membro do CEIC de Galicia:

-Arturo Varela Freijanes (médico especialista en Medicina Interna do C.H. de Pontevedra).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA