Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 22 de marzo de 2002, a proposta do organismo autónomo provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adaptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de reca-

dación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, o Concello da Lama, no que respecta á recadación en vías voluntaria e executiva das taxas polos servicios de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos, incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación de contadores e instalacións análogas, cando os ditos servicios ou subministracións sexan prestados por entidades locais, así como a taxa por cemiterio municipal e a recadación en vía de constrinximento das débedas de cobramento non periódico por recibos correspondentes a liquidacións por tódolos recursos municipais non aboados en vía voluntaria e susceptibles de constrinximento.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 16 de abril de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO

DE LA SALUD