Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 211 P.O.L. 2002 Láncara. Construcción de novo depósito, rede nova e mellora abastecemento de auga na Pobra de San Xiao180.305,006 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría d)

Nº 225 P.O.L. 2002 Outeiro de Rei. Saneamento en Ramil-Guillar (tramo EDAR D-11) Barciela173.188,002 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría e)

Nº 234 P.O.L. 2002 Riotorto. Rede de saneamento en Vilaseca e Muxueira104.330,716 mesesNon se esixe
Nº 237 P.O.L. 2002 Trabada. Saneamento e depuración de augas residuais en Trabada e Vilapena180.303,6310 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría c)

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 218 P.O.L. 2002 Begonte. Saneamento e depuración dos barrios de Insua, Castro e Saamil (parroquia de Castro)186.313,759 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría c)

Nº 213 P.O.L. 2002 Navia de Suarna. Mellora da rede de abastecemento de auga á vila da Pobra de Navia de Suarna75.126,526 mesesNon se esixe
Nº 214 P.O.L. 2002 P.O.L. Rede xeral de abastecemento de auga nas parroquias de Cirio e Mosteiro180.303,639 mesesGrupo E)

Subgrupo 1)

Categoría c)

Características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O que se sinala no comezo do anuncio.

5. Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: Contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios:

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 10 de maio de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo