Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 9 de maio de 2002, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

2. Obxecto: asistencia técnica para a realización de tarefas de coordinación formativa e dirección de proxecto no marco da subvención global do fondo social europeo, previsto no programa operativo de fomento do proxecto denominado «Emprego-Terras do Miño».

3. Orzamento: cincuenta e seis mil cento noventa e catro con sesenta e tres (56.194,63 euros).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o once de marzo de dous mil tres.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 105, do 9 de maio de 2002.

Lugo, 9 de maio de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo