Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, con data do doce dos correntes, dispúxose:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Infraestructuras correspondente á modificación puntual do PXOU en Budiño.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo dun mes o dito plan especial mediante anuncios que deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun diario dos de maior circulación nesta.

Terceiro.-Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias no ámbito do plan especial, de conformidade co disposto no punto 2º do artigo 34 da Lei do solo de Galicia.

O dito plan especial co seu expediente queda de manifesto durante o prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o punto segundo, nas dependencias municipais de Urbanismo (Secretaría) sitas na Casa do Concello do Porriño, r/ Antonio Palacios nº 1. Durante o referido prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

O Porriño, 15 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado