Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 1 do PXOU/Lérez.

No BOP número 69, do 11-4-2002, inseriuse anuncio deste concello no que se publica integramente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 1 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, situada en Lérez con fronte á Avenida de Compostela, e que foi inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno (delegación da Alcaldía de 6-7-1999) na sesión do 2-1-2002, formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantil Construcuatro, Sociedad Anónima, actuando en representación dos propietarios dos predios nº 4, 5, 10 e 12 do polígono; os titulares son, respectivamente, Enrique Freiría Casalderrey, José Ramón Piñeiro Piñeiro, María Teresa Moldes Martínez e Manuel Fernández Pérez, propietarios que representan máis do 50% da superficie dos terreos que conforman a citada unidade de actuación, coa finalidade de levar a cabo a súa xestión e urbanización, trámite previo á constitución da xunta de compensación que se

formalice como entidade urbanística colaboradora.

Durante o prazo de vinte días computado a partir da publicación deste anuncio, exporase ó público o proxecto de estatutos e de bases e o expediente incoado, no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churuchaos, nº 2), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación ós señores María Teresa Ogando Casalderrey, Evaristo Galiano González, Marcos Galiano Muíños, María

Ángeles Galiano Muíños y Ángela Muiños Pardo, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non puideron ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puidese practicar.

Nese período poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Pontevedra, 18 de abril de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral