Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión extraordinaria do día 18 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente, coa maioría absoluta do número legal de membros da corporación municipal, o Plan Parcial do Solo Industrial do Monte Afieiras.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou no BOP, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben impugnando directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que recaese resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da devandita resolución ou da publicación do presente acordo. Se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese que tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que os interesados consideren pertinentes en defensa dos seus intereses.

Moraña, 19 de abril de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde