Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3038/2001).

María Concepción Albes Blanco, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifica que na peza de apelación civil número 3038/2001, dimanante de cognición número 651/2000, do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída pola maxistrada presidenta Victoria Eugenia Fariña Conde e os maxistrados José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia número 397/2001.

En Vigo o nove de outubro de dous mil un.

Visto o recurso de apelación interposto contra os autos de xuízo de cognición (tercería) nº 651/2000, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo (peza de sala nº 3038/2001) no que é parte apelante e demandante Banco Santander Central Hispano, S.A. representada polo procurador Andrés Gallego e defendida polo letrado José Iglesias Ares, e como parte apelada e demandada Banco Gallego, S.A., representada polo procurador José Marquina Vázquez e defendida polo letrado Santiago González Méndez, Rafael Martínez Lago e Mª José Comesaña Estévez. Sendo designada relatora a maxistrada Inmaculada de Martín Velázquez, quen expresa o parecer da sala.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos:

Que estimando o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Gallego Martín-Esperanza en nome e representación de Banco Santander Central Hispano, S.A., contra a sentencia dictada o día 14 de decembro de 2000 no xuízo de cognición tercería nº 651/2000, polo Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, debemos revogar e remogámo-la dita resolución e declara-lo mellor dereito da demandante Banco Santander Central Hispano, S.A., e que co producto dos bens embargados a Rafael Martínez Iago e Mª José Comesaña se faga pagamento con preferencia a Banco Gallego, S.A. pola cantidade de 498.233 pesetas de principal, mailos xuros pactados, cantidades reclamadas nos autos do xuízo de cognición 670/1997, con exclusión das custas causadas nel. Non se fai imposición das custas causadas en primeira instancia e non procede facer pronunciamento especial en canto ás causadas nesta alzada.

Notifíquese esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia quen xustificará a recepción.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación á peza de sala nº 3038/2001, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e publicación».

E para a súa inserción no DOG e para que sirva de notificación a Rafael Martínez Lago expido e asino este edicto en Vigo o vinte de marzo de dous mil dous.

El secretario

Rubricado