Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.420

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

EDICTO de notificación de sentencia (988/2000).

Nos autos de xuízo de cognición nº 988/2000, seguido perante o Xulgado de Primeira Instancia número dez dos de Vigo, dictouse a sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Vigo, dezaseis de febreiro de dous mil dous. Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 988/2000, seguidos perante este

xulgado, entre partes, dunha como demandante Banco Santander Central Hispano, S.A., con procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza e letrado José Iglesias Ares, e doutra como demandado Congelados Indico, S.L., declarada en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade de 363.002 pesetas de contía e decido que estimando a demanda formulada polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza en nome e representación do Banco Santander Central Hispano, S.A. contra a mercantil Congelados Indico, S.L. a debo condenar e condeno a que lle aboe á demandante a suma de 2181,69 euros (363.002 pesetas) mailos xuros pactados correspondentes segundo o prevido no artigo 921 LAC/1881, e impoñendo as custas á demandada. Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a teor do disposto nos artigos 455 e ss da LAC 1/2000, do 7 de xaneiro».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Congelados Indico, S.L. expídese este edicto para que sirva de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de marzo de 2002.

O secretario

Rubricado