Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (232/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, certifica que perante esta Sección Segunda, se segue a peza de apelación nº 232/2001, na que se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, e os maxistrados Fernando Alañón Olmedo e Juan Manuel de los Ríos Sánchez, en substitución por desfrute da titular de licencia por enfermidade, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, o vinteseis de febreiro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial, os autos de proceso civil de cognición, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos de Ourense, seguidos co nº 209/2000, peza de apelación nº 232/2001, nos que aparece, como parte apelante Manuel Muñoz Decabo, representado pola procuradora dos tribunais Marta Prieto Matesanz e asistido polo letrado Manuel de Prado González e, como apelado, a entidade FCE Bank PLC Sucursal en España, representada pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Santana Penin e asistido polo letrado Manuel A. Pinto Álvarez e José Luis Silva Ucha, en situación procesual de rebeldía; sobre reclamación de cantidade. É maxistrado-relator Fernando Alañón Olmedo.

Decido que se desestima o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Marta Prieto Matesanz, en nome e representación de Manuel Muñoz Decabo, contra a sentencia dictada polo Xul

gado de Primeira Instancia número cinco dos de Ourense, en autos de proceso civil de cognición nº 209/2000, peza de apelación nº 232/2001, do 23 de febreiro de 2001, que se confirma, con imposición das custas da alzada á parte apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia, Fernando Alañón Olmedo, Juan Manuel de los Ríos Sánchez. Rubricados».

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación ó apelado non comparecido José Luis Silva Ucha, expido e asino esta cédula en Ourense o nove de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado