Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas (Lugo), do departamento de Organización de Empresas e Comercialización, a Mª Begoña Barreiro Fernández (praza 1831/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de abril de 2001 (BOE do 9 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas (Lugo), do departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Universidade de Santiago de Compostela, a prol de Mª Begoña Barreiro Fernán

dez, tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Begoña Barreiro Fernández, profesora titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas (Lugo), do departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela