Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (798/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 798/2001 por instancia de Dorinda Villaverde Fernández, contra Inem e as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. sobre desemprego, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, dez de abril de dous mil dous. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 798/2001, seguidos por instancia de Dorinda Villaverde Fernández, maior de idade, asistida polo letrado Manuel Comendador Rey, contra o Inem, representado e asistido pola letrada Eva Abajo Lera, as empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., que non compareceron nos autos, o obxecto da reclamación é desemprego.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que estimando parcialmente a demanda interposta por Dorinda Villaverde Fernández contra o Inem, Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L., debo declarar e declaro que a base reguladora diaria da prestación de desemprego da demandante ascende a 17,15 euros, condenando ós codemandados a estar e pasar por tal declaración, e ó Inem a anticipa-la prestación correcta sen prexuízo da súa subrogación contra as empresas codemandadas responsables.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que conocerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Confecciones Rical, S.L. e Confecciones Fada, S.L. que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, dez de abril de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado