Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (62/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 62/2002 por instancia de María Isabel Rodríguez Perdiz, contra a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Eduardo Dacasa Blanco, a empresa Telefónica de España, S.A. e Fogasa, sobre despedimento, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, nove de abril de dous mil dous. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 62/2002, seguidos por instancia de María Isabel Rodríguez Perdiz, maior de idade, asistida polo graduado social José María Corujo Seguido, contra a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Eduardo Dacasa Blanco, que non comparece, a empresa Telefónica de España, S.A., representada e asistida polo letrado José Martínez Ferreño, e Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando parcialmente a demanda interposta por María Isabel Rodríguez Perdiz, intervindo Fogasa, contra as empresas Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., Eduardo Dacasa Blanco e a empresa Telefónica de España, S.A., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., condenando a esta a que, nun prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións existentes con anterioridade, ou o aboamento de 637,74 euros, en concepto de indemnización, máis, en ambos casos, o aboamento de 1.162,10 euros en concepto de salarios de tramitación con absolución de Eduardo Dacasa Blanco e Telefónica de España, S.A., en atención á súa falta de lexitimación pasiva.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. e Eduardo Dacasa Blanco, que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente na Coruña, dez de abril de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA