Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (77/2001).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber:

Que na resolución desta data dictada no expediente de referencia declarei en estado legal de suspensión de pagos e de insolvencia provisional, por se-lo activo superior ó pasivo a Cengas 1, S.A. (rúa nº 3, entreplanta B, Santiago de Compostela, 15702) e, ó mesmo tempo, acordei convoca-la Xunta Xeral de Acredores para o día 24 de xuño de 2002, ás 10 horas na sala de audiencias deste xulgado.

Dado en Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil dous.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado