Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (135/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 135/2001 se dictou a seguinte cédula de citación.

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede, co fin de que o próximo día vinteún de maio ás dez quince horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por maltrato, en calidade de denunciante.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que se intente valer no acto do xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercíbeselle que de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impórselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Antonio Jiménez Montoya, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o dez de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA