Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (330/1998).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 300/1998 se dictou a seguinte cédula de citación.

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede, co fin de que o próximo día dez de setembro ás nove trinta horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións imprudentes, en calidade de denunciado e responsable civil.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que se intente valer no acto do xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercíbeselle que de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impórselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir por escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Javier Codesal Mayo e representante legal da entidade Futura Coruñesa, S.A., actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o nove de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado