Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.022

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (366/2001).

No xuízo referenciado acordouse entregarlle á parte demandada a cédula cun texto literal que é do seguinte teor:

«Cédula de citación:

No procedemento de referencia seguido neste xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, por instancia de María Teresa Junquera García contra Juan Carlos Pardo Rodríguez dictouse a seguinte resolución.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, pola presente cítase a Juan Carlos Pardo Rodríguez co fin de que o próximo día 21 de maio ás dez horas compareza ante a sala de audiencias deste xulgado, sito na avenida de Lugo, 45-47, Arzúa, para a celebración de vista, baixo o apercibimento de que de non comparecer continuará o procedemento na súa rebeldía, sen máis citacións, nin notificacións que as que a lei expresamente fixa.

Nota: as copias da demanda encóntranse á súa disposición na secretaría».

E para que sirva de citación en forma, ó demandado Juan Carlos Pardo Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto.

En Arzúa, dezaoito de febreiro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS